A estadounidense Jennifer Lopez actuará o vindeiro martes 8 de xullo na capital pontevedresa, unha das paradas dentro da súa xira internacional Jennifer Lopez: Up All Night in 2025. A cantante, bailarina e actriz ofrecerá o seu concerto no Parque Tafisa de Pontevedra.
A artista actuará durante esta xira en cinco cidades españolas, sendo a primeira parada a cidade de Pontevedra. Así, Lopez actuará en Cádiz o 10 de xullo, en Málaga o 11 de xullo, en Barcelona o 15 de xullo e en Bilbao o 16 de xullo.
A información acerca das entradas así como outros datos dos concertos, agárdase que sexan indicadas pola promotora nas vindeiras semanas.