O mercado municipal de As Neves acolleu o pasado venres 4 de abril unha xornada acerca do deporte e o turismo activo como motores de desenvolvemento para os montes de Paradanta e San Nomedio.
A actividade estivo organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Porriño, en colaboración co Concello das Neves, e congregou a numerosas persoas emprendedoras, representantes institucionais, entidades sociais e colectivos veciñais.
Durante a maña, exploráronse as oportunidades que ofrece o territorio a través da visión de distintos axentes implicados, analizando a situación actual, identificando retos e debatendo accións concretas para dinamizar a zona.
Os asistentes, puideron identificar oportunidades de negocio no turismo activo e deportivo, coñecer casos de éxito inspiradores e sostibles, conectar con persoas expertas e entidades chave, explorar espazos con alto potencial para o emprendemento en As Neves.
A maiores, a mesa coloquio foi un dos momentos centrais, co título “Que pode facer cada
organismo para abordar o reto proposto?”, e contou coa participación do alcalde de As Neves, o xerente do GDR Terra e Auga, Francisco González, representantes das comunidades de montes locais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño.