jueves, abril 10, 2025
InicioNewsActualidadeMáis de 700 participantes no V Trofeo XCO e VIII Trofeo Mini...

Máis de 700 participantes no V Trofeo XCO e VIII Trofeo Mini BTT do Concello do Porriño

O Porriño converterase unha vez máis en epicentro do ciclismo de montaña coa celebración do V Trofeo XCO Concello do Porriño e o VIII Trofeo Mini BTT Concello do Porriño, que terán lugar os días 12 e 13 de abril de 2025 nos montes de Budiño.

O evento contará con máis de 700 ciclistas participantes e unha previsión de 2.000 asistentes.

A proba de XCO, incluída no calendario da Real Federación Española de Ciclismo, celebrarase na tarde do sábado 12 e está dirixida a participantes de 12 anos en diante, puntuando para o ranking nacional.

Pola súa parte, o Mini BTT, incluído no calendario da Federación Galega de Ciclismo, desenvolverase na mañá do domingo 13 e estará destinada a nenos e nenas menores de 12 anos.

O alcalde Alejandro Lorenzo destacou a «importancia do evento para o municipio. Esta proba consolídase ano tras ano como unha cita indispensable no calendario deportivo do Porriño. Supón un impulso non só para o deporte base e de competición, senón tamén para a dinamización económica e social do noso concello, especialmente na parroquia de Budiño.”

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, puxo en valor «o traballo organizativo e o nivel de participación. Falamos dun evento que reunirá a máis de 700 deportistas e milleiros de persoas no entorno natural dos montes de Budiño. É un orgullo colaborar coa Asociación Deportiva Avanza para seguir facendo do Porriño un referente no deporte galego e estatal.”

Durante o evento habilitarase unha zona específica para equipos e carpas, na que estarán presentes técnicos, xuíces e persoal de apoio, garantindo o correcto desenvolvemento das probas e a seguridade de participantes e asistentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS