A Carreira Popular de Leiro xa puxo andar o reloxo para contar os días nos que este municipio da provincia de Ourense acollerá, un ano máis, «unha das probas máis antigas de Galicai», segundo indican desde a organización. En concreto, faltan 95 días para que as rúas da localidade se convertan no escenario dunha 41 edición.
Tal e como explican desde a organización, «a Carreira Popular de Leiro é unha das probas máis antigas de Galicia» e lembran que «ao longo dos anos foi perdurando polo bo facer dos seus organizadores e colaboradores que traballan arreo para levala sempre ao lugar que se merece». Calificana, ademais como «un referente nas carreiras populares de Galicia«.
Será o próximo 6 de xullo cando os corredores e as corredoras formarán parte da historia do atletismo galego a través dos diferentes roteiros que ofrece a proba. En total, son sete e van desde unha distancia de 10 quilómetros ata os 5 quilómetros. Os máis pequenos e as máis pequenas tamén teñen cabida nesta Carreira Popular en Leiro.

Horarios
- 10:00 SUB18 (2008-2009)
- 10:00 5Km (2007 e anteriores)
- 10:00 10Km (2007 e anteriores)
- 11:30 SUB14 (2012-2013)-SUB16 (2010-2011)
- 11:45 SUB10 (2016-2017)-SUB12 (2014-2015)
- 12:00 SUB 8 (2018-2019)
- 12:15 PITUFOS (2020 e posteriores)