jueves, abril 3, 2025
InicioNewsActualidadeO proxecto Galicia Sports 360º, preparado para dar comezo ás obras

O proxecto Galicia Sports 360º, preparado para dar comezo ás obras

O director de Infraestructuras e Relacións Institucionais do RC Celta, Carlos Cao Pérez, vén de presentar tras Pleno Ordinario do Concello de Mos o novo proxecto do clube celeste, o Galicia Sports 360º, que dará continuidade á Cidade Deportiva Afouteza.

Alí, deu a coñecer en detalle a nova dotación deportiva, de investigación, innovación e formación á espera de que a Xunta de Galicia aprobe o Proxecto de Interese Autonómico do Galicia Sports 360º , para logo iniciar xa as obras.

Este proxecto vén precedido dunha serie de trámites administrativos que se iniciaron no ano 2022, que é cando o Real Club Celta de Vigo presenta solicitude de declaración de interese autonómico para Galica Sports 360º, que ese mismo ano é declarado de interese autonómico polo Consello da Xunta de Galicia. En maio de 2023 resolveuse a avaliación ambiental e en xullo de 2023 acordouse aprobar inicialmente o proxecto.

Trátase dun proxecto que suporá unha inversión de 110 millóns de euros e co que se actuará nunha superficie de 242.168 m2. O proxecto incluirá a xa existente Cidade Deportiva Afouteza e, a maiores, Universidade do Deporte, Colexio internacional, Centro de alto rendemento médico, Centro demostrador e tecnolóxico, Centro de eventos e conferencias, Miniestadio, Residencia e hotel.

Nidia Arévalo puntualizou que “aínda con todos os recursos, reclamacións e demandas interpostas, ao final o tempo dá a razón ao Concello conseguindo un proxecto final de consenso e de respeto a toda a veciñanza, con todos os informes favorables e con todas as denuncias arquivadas”. E insistiu Arévalo en que “o Galicia Sports 360º é un proxecto referente mundial que situará a Mos ao nivel de París, Berlín e Londres e que será Subsede do Mundial 2030”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS