jueves, abril 3, 2025
InicioNewsActualidadeMedra o número de viaxeiros que se aloxan en Galicia durante os...

Medra o número de viaxeiros que se aloxan en Galicia durante os meses de xaneiro e febreiro

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos hoxe os datos relativos á conxuntura turística en Galicia nos dous primeiros meses do ano que indican que un total de 436.282 viaxeiros se aloxaron en establecementos da comunidade, rexistrando un crecemento do 3,6% e facendo 781.884 noites, isto é un 1,9% máis que no mesmo período de 2024.

Aloxamento extrahoteleiro

Os datos indican un crecemento significativo no segmento de aloxamento extrahoteleiro – apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues- do 14,3% en viaxeiros e do 13,5% en noites, con respecto a xaneiro e febreiro de 2024.

No que atinxe ao comportamento rexistrado só no mes de febreiro, continúa a ser efectiva a política de desestacionalización da Xunta de Galicia ao contabilizar 235.006 viaxeiros e un incremento do 3,1% nese mes con respecto a 2024. Contabilízanse así 414.160 noites, sendo o segundo ano consecutivo que supera as 400mil noites no conxunto do aloxamento no mes de febreiro.

Demanda

Con respecto á demanda, o 81% corresponde ao turismo de ámbito nacional, e dentro deste, os residentes en Galicia supoñen o 36% e o mercado receptor nacional representa o 45%. O turismo internacional absorbe neste mes o 19%.

Gasto medio

Cabe salientar que o maior gasto medio do turista nacional que visita Galicia é o que fai este en gastronomía, con 77€, seguido de turismo e saúde, con 73,2€; turismo cultural (72,9€), urbano (72€) e turismo de congresos e feiras (71,7€).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS