jueves, abril 3, 2025
InicioNewsActualidadeA Asociación de Comerciantes Banastra estrea novo local en Ponteareas

A Asociación de Comerciantes Banastra estrea novo local en Ponteareas

A Asociación de Comerciantes Banastra – Centro Comercial Aberto de Ponteareas conta cun novo espazo na vila cedido gratuítamente polo Concello de Ponteareas.

O concelleiro de Comercio, Ricardo González, explica que a asociación xa pode facer uso do novo local situado na fachada principal do mercado municipal, “moito máis visible e accesible tanto para os locais asociados como para calquera persoa que cruce Fernández Vega, cliente da praza de abastos ou público dos actos programados no auditorio municipal”.

O Concello cede este local de xeito gratuíto co fin de respaldar un servizo e actividade que considera “de grande importancia para o día a día da cidadanía, porque o comercio local é fundamental para que todas as veciñas e veciños teñan produtos de calidade, unha atención persoalizada e directa e fagan as compras que precisen sen saír da súa vila”.

Do mesmo xeito, o Concello de Ponteareas celebra de xeito estable e periódico Mesas Locais de Comercio na que participan as asociacións de comercio da vila e nas que avalian a situación, escoitan necesidades e deseñan, de xeito consensuado, novas accións de promoción do tecido comercial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS