miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsConcellos +Unanimidade en Mos para esixir a Fomento o arranxo das vías estatis...

Unanimidade en Mos para esixir a Fomento o arranxo das vías estatis ao seu paso polo municipio

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por unanimidade de toda a Corporación Municipal, cos votos a favor de todos os grupos integrantes da mesma, a Moción do grupo de goberno, o Partido Popular de Mos, esixindo o arranxo urxente da A55 e dos carrís de incorporación e as vías de servizo paralelas, así como da Estrada Nacional 550.

Trátase dunha moción xa debatida en ocasións anteriores e que se repite ante a persistencia do problema de falta de mantemento, danos, mal estado e abandono das vías de titularidade estatal ao seu paso por Mos, especialmente a autovía A-55 e as suas vías de servizo así como a N-550, que están a causar innumerables situacións de perigo e innumerables incidentes e accidentes.

«Parches»

A alcaldesa lamentou durante a sesión plenaria desta mañá que “pese a demandar dunha forma insistente, por diferentes vías, ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana os arranxos e solucións pertinentes, este se limita a facer parches que non solucionan o problema”. “O Goberno do Estado mira para outro e non cumpre coas suas obrigas”, insistiu Nidia Arévalo.

Estas estradas ao seu paso pola localidade mosense teñen un tráfico importante, de turismos e camións de transporte, que están a sufrir o seu mal estado e abandono. Os danos e a falta de mantemento das estradas provocan moitos problemas. «O máis grave, evidentemente, é que disparan as posibilidades de que se produzan accidentes, pero non debemos esquecer que tamén teñen consecuencias directas sobre os vehículos que circulan por elas, xa que provocan o seu deterioro e situacións de perigo», tal e como indican desde a administración local.

70.000 vehículos ao día

A autovía A-55 é a única ruta libre de peaxe de entrada a Vigo, polo cal é unha vía moi ateigada, con aproximadamente 70.000 vehículos ao día ao seu paso por Mos, pero tamén é unha das vías mais abandonada de todo o país, pódese comprobar como o Goberno de España descoida esta autovía dado o lamentable estado de conservación da mesma e o lamentable estado de conservación dos accesos e das vías de servizo paralelas á vía. Esta falta das actuacións de mantemento da autovía, na que é preciso de forma urxente unha reforma integral con asfalto antideslizante e antirruido, únese a necesidade inminente das actuacións de mantemento nas conexións, accesos e vías de servizos que acumulan incidencias muy significativas como falta de iluminación, falta de beirarrúas, falta de asfaltado, falta de reposición de muros, falta de limpeza, etc…

Por elo, dende o Concello de Mos, séguese a pedir dunha forma reiterada unha pronta solución, e para elo insta, novamente, ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente da autovía A-55 e da estrada N-550 ao seu paso por Mos, incluíndo o arranxo dos carrís de incorporación e as vías de servizo paralelas e a adecuación das mesmas ao mobilidade dos veciños. Deste xito darase inicio, sempre co consenso da maioría de grupos da Corporación, a todos aqueles movementos precisos e necesarios, para a consecución de que vías estatais que atravesan o Concello de Mos estean en estado óptimo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS