O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, vén de selar un gran campionato de España por CC.AA en Oviedo onde logrou establecer dúas novas plusmarcas nacionais nos 50 e 100 metros mariposa en categoría S12.
O mosense presentouse ao campionato nacional estreando categoría, tras ser encuadrado recenemente na catogoría S12 tras máis de levar cinco anos competindo en S13. Así, logrou establecer a nova plusmarca nacional en 50 mariposa con 27″16 e nos 100 mariposa cunha marca de 59″69.
Ferrón nadou un total de cinco probas neste campionato por Comunidades Autónomas representando a Galicia e obtendo os seguintes resultados: en 50 Libre , 2° por tempos e 5° en multidisability; en 400 Libre, 3° por tempos e 5° en multidisability; en 100 Mariposa campión de España e récord nacional; en 100 Libre, 4° por tempos y 8° en multidisability e en 50 Mariposa, subcampión de España e record nacioanl.
Dende o Club Natación Mos destacan «o gran debut de Juan neste campionato onde estrea categoría» e ademais esperan que nesta nova etapa «tanto Juan como o Club poidan seguir progresando e marcando obxectivos máis ambiciosos«.