O Balneario de Mondariz propón, para este fin de semana, un plan que pasa pola música e pola luz especial que irradian as candeas na escuridade. Así, o venres 4 de abril terá lugar un dobre concerto de música que califican como unha «experiencia única nun espazo que combina elegancia histórica cun ambiene acolledor e maxestuoso rodado da luz das candeas por un piano de cola como protagonista».
Dous pases
O pianista Sigfrido Cecchini é o encargado de poñer a nota musical a este evento que se celebra no Balneario de Mondariz. Será nun primeiro pase que terá lugar as 20:00 horas cun repertorio de pezas pertencentes a bandas sonoras de películas como Memorias de África, Titanic, La Misión ou Gladiator, entre outras, como Juego de Tronos ou o Señor de los Anillos.
O segundo concerto terá lugar ás 21:30 horas. Nesta ocasión, as teclas do piano lembrarán a grupos como ABBA, The Beatles, Queen ou Mecano, «un tributo especial que promete emocionar cos éxitor máis emblemáticos desas lexendarias bandas e artistas».
Sigfrido Cecchini
Desde o Balneario de Mondariz, apuntan que se trata dun evento no que «cada nota resonará coa maxia da contorna, creando unha atmósfera íntima e única cao excelencia de Sigfrido Cecchini, un virtuoso que empezou tocando o piano con 9 anos e que tras os seus estudos de música no Conservatorio de Oviedo e comosición na Escola de Música de Berklee, Boston para terminar cun Máster de Enxeñería de Son en Londres».
Remarcan que «ás costas leva multitude de concertos por Madrid, Zaragoza, Huesca, Logroño Bilbao, Vitoria-Gasteiz, San Sebastián, Santander, Oviedo, Gijón, Burgos, Palencia, León, Soria y Ávila, entre outros.
Entradas
O Balneario de Mondariz indica que as persoas interesadas en acudir a esta cita coa música poden mercar as entradas neste enlace.