Os Concellos de Arbo, vén de asinar un convenio de colaboración para crear a Agrupación do Servizo de Emerxencias e Protección Civil Ribeira do Miño, en colaboración cos Concellos de Crecente e As Neves.
O obxecto do convenio, aprobado polo pleno de Arbo, é fixar as principais liñas de colaboración así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo de emerxencias e protección civil que prestará servizo de forma compartida aos tres municipios.
Segundo está recollido no documento asinado, o centro de operacións da agrupación de Protección Civil estará ubicado no Concello de Arbo, onde terá lugar a base e se dispoñerá dos efectivos da agrupación.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, manifesta que «esta agrupación nace tras o consenso dos alcaldes dos tres municipios e ten por obxectivo coidar da cidadanía e previr e xestionar situacións de emerxencias«.
Así, este é o primeiro paso para a constitución da agrupación. Unha vez aprobado e asinado o convenio por parte dos Concellos de Crecente e As Neves, procederase á captación de voluntarios e á formación dos mesmos para levar a cabo o servizo.