O reloxo marcaba as 17:30 horas deste 29 de marzo cando o 112 Galicia recibiu unha alerta sobre dúas persoas que se atopaban pedindo auxilio no Illote de Pedra, en Nigrán. Segundo indican desde Emerxencias de Galicia, estas persoas realizaban espaventos e alguén desde o Miradoiro de Monte Lourido alcanzou a ver a unha de elas.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a Salvamento Marítimo e tamén á Policía Local de Nigrán, que xa tiñan coñecemento sobre o suceso. De feito, os axentes tiñan a sospeita de que un dos atrapados estaba ferido, porque apenas se vía. Esta circunstancia levaba a pensar á Policía que podería estar tombado. Ademais, outro sinal de alarma foi que a persoa que facía espaventos desaparecía da visión de cando en vez, «como que acodía a atender a alguén» segundo indican desde o 112 Galicia.
Neste contexto, Salvamento Marítimo inforumo ao equipo de Pesca I, que estaba voando xa e, pouco despois, confirmaron o rescate de dúas persoas e o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo porque que, cando menos, un dos recatados presentaban diversas mazaduras.