O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de que o atún quede excluído do tratado comercial que a Unión Europea está negociando con Tailandia para reducir “o gran impacto” que podería ter na industria conserveira galega, “un sector estratéxico” na economía da comunidade.
Durante un encontro coa xunta directiva de Anfaco-Cecopesca, no que estivo acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o presidente autonómico trasladou a entidade o compromiso do Executivo galego “en facer todo o posible” para protexer os intereses dun sector que “é o máis potente de España e de Europa”.
Nesta liña, lembrou que «a industria pesqueira de Tailandia e a UE non traballan en igualdade de condicións polo que apostan por no permitir a libre exportación de atún desde o país asiático cara Europa» e insistiu en que «os requisitos na Unión Europea son moi esixentes en materia de sostibilidade, garantías laborais ou respecto ecolóxico e iso temos que mantelo”, indicou Rueda.