O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), o galego Rafael Louzán, tilda ao alcalde de Vigo, ao socialista Abel Caballero, de «populista«. Refírese as declaracións do rexedor da cidade olívica que emitiu en público sobre o organismo ao excluir a Vigo como sede para o Mundial do ano 2030.
Louzán, na presentación dun obsevatorio sobre feminismo na Universidade Rei Juan Carlos, indicou que «Abel Caballero leva a confrontación política. Abel Caballero sempre o leva aí» e que «en Vigo xa o coñecen. Sempre ten que intentar buscar unha vítima para xustificar que Vigo fora sede do mundial. Unha vez que non o conseguiu, Abel Caballero marxina a todos aqueles que non están baixo o seu dictado, clubs deportivos, etc., failles a vida imposible».
Criticou Louzán que o fai «con diñeiro público. É a súa forma de actuar». Lembrou, tamén, que «eu fun presidente da deputación durante uns anos e demostrouse coa posta en marcha da rehabilitación do Estadio de Balaídos«, engadiu Louzán, que presidiu a Deputación de Pontevedra ata 2015 polo Partido Popular.
O presidente federativo indicou, a ese respecto, que se comunicou con Caballero para a reforma do estadio, cuxo primeiro convenio para a rehabilitación por 15 millóns de euros, o asinárono ambos en 2014.
«En su salsa»
O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, continuou respondendo ás palabras de Abel Caballero e aseverou que «este señor está na súa salsa de populismo. Agora intenta xustificar se lle meteron ou non lle meteron cando, evidentemente, el sabe que a FIFA esixe unha equivalencia de 43.000 espectadores para que ese estadio poida ser sede mundialista».
Durante toda a súa intervención, Louzán recalcou que el non estivo presente nas reunións nin pertencía á Comisión e que, polo tanto, as críticas e as explicacións tiñan que dárlas os responsables nese momento.
Finalmente, Louzán indicou que «agora mesmo ningún deles está xa con esa responsabilidade. En todo caso, haberá que pedir explicacións aos responsables. Cheguei seis meses despois de que se adoptara esa decisión. Este camiño é moi longo e eu, na medida en que poida, na miña responsabilidade, podan ter a oportunidade de estar con nós no Mundial».