martes, abril 1, 2025
InicioNewsActualidadeAxenda cultural e de ocio para esta fin de semana nas comarcas

Axenda cultural e de ocio para esta fin de semana nas comarcas

Ao igual que cada fin de semana, dende Si Radio achegamos a axenda cultural e de ocio nas comarcas con múltiples plans e actividades para desfrutar en familia.

Tres días de teatro, literatura e música para pequenos e maiores nas comarcas do Condado, Paradanta, Val Miñor, Baixo Miño e Louriña durante a fin de semana do 28 ao 30 de marzo.

Venres 28 de marzo

A Guarda acollerá a presentación do libro «Los secretos de la contra inteligencia» de Jorge Gómez.

Ás 20:30h no Salón de Plenos do Concello da Guarda.

Salvaterra de Miño contará coa presentación do vídeo realizado polo alumnado do IES Salvaterra de Miño con motivo do Día da Muller.

Ás 19:00h na Casa Consistorial.

Encontro co mestre Enrique Táboas en Mondariz Balneario.

Ás 17:00h na Sala da Cultura.

Sábado 29 de marzo

Ponteareas acollerá unha quedada de xogos de mesa no Café Invernalia.

A partir das 17:00h.

O Porriño instalará unha pantalla xigante para visualizar as semininais da European Cul Feminina 2025 de Balonmán.

Na Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 16:00h.

Limpeza do río Perral e o Polígono da Veigadaña en Mos.

A partir das 9:30h na Nave Protección Civil Veigadaña.

Último coletazo do Entroido en Covelo con desfile e concurso de disfraces.

Na Praza de Maceira a partir das 17:30h.

As Neves organiza un campionato de futbolín para a rapazada da vila.

Na Casa da Xuventude a partir das 17:30h.

O Concello da Guarda acollerá a representación da obra de teatro «Mentalmorbose».

Ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

Tui acollerá a I edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís.

No espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 19:00h.

Salvaterra de Miño acollerá a Final da Copa do Trofeo Memorial Estévez da División de Honor Veteranos con DJ, inchable para os máis pequenos e cantina.

A entrada é de balde no Campo de Fútbol Municipal de Dextros.

Mondariz Balneario acollerá a representación da obra de teatro «Invisibles» de Redrum Teatro.

A función dará comezo ás 20:00h na Sala da Cultura.

Domingo 30 de marzo

Xornada para os máis pequenos en Ponteareas coa representación de «Cantajuego«.

Ás 12:00h no Auditorio Reveriano Soutullo. Venda de entradas en Librería Milfollas e www.dentralia.com.

Ruta de 12km pola aldea de Alfacuca e os montes de Louredo en Mos.

Comezará ás 9:30h na Aldea Alfacuca.

Nigrán acollerá un concerto homenaxe a Charles Strouse.

Ás 12:30h na Biblioteca Municipal.

Covelo organiza unha ruta de 13 quilómetros polo Val do Louro.

A andaina comazará ás 9:30h na Ermita Guía de Maceira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS