O Concello do Porriño organiza o vindeiro 1 de abril unhas xornadas de reciclaxe nas que explicará o uso do novo contedor marrón, no marco da nova Lei de Residuos. A sesión, que dará comezo ás 19:00h, informará aos asistentes das indicacións e os materiais necesarioas para facilitar e cumplir coa súa reciclaxe.
Todos os participantes recibirán cubos de biorresiduos de 10 litros xunto coa chave necesaria para poder empregar os novos contedores que se procederan a instalar nas rúas.
Esta campaña, impulsada polas concellerías de Medio Ambiente e Limpeza, leva en activo máis dun ano e ten como obxectivo principal conseguir que toda a cidade do Porriño recicle, se conciencie da xestión dos residuos e se convirta nunha urbe más limpa e sostible no tempo.
“É esencial que todos tomemos conciencia da importancia de separar e reciclar adecuadamente, non só para reducir a cantidade de residuos que enviamos ás entulleiras, senón tamén para contribuír á saúde do medio ambiente”, explicou a concelleira, Antía Carrera, concelleira de Medio Ambiente.
“Compostar os restos orgánicos non só axuda a diminuír a cantidade de lixo, senón que tamén produce un abono natural que pode ser utilizado en xardíns e hortas, pechando así o ciclo natural”, engadiu Carlos González, concelleiro de Limpieza.
Desde o Concello do Porriño se aposta por este tipo de xornadas en busca dunha sociedade máis concienciada co medio ambiente e facilitar que esta se familiarice coas novas opcións que existen para a construción dun mundo máis sostible.
