lunes, marzo 31, 2025
InicioNewsActualidadeA gripe en Galicia presenta unha tendencia decrecente e mantense con intensidade...

A gripe en Galicia presenta unha tendencia decrecente e mantense con intensidade baixa

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 12 do ano, que determina que a intensidade da gripe en Galicia se mantén baixa e a tendencia comeza a ser decrecente.

Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria reduciuse un 14 % con respecto á semana previa, con 38,6 consultas por 100.000 habitantes. 

O descenso da taxa de consultas por gripe en atención primaria obsérvase nas sete áreas sanitarias e en todos os grupos de idade. O grupo coa maior taxa de consultas segue a ser o de 0 a 4 anos pero con menos consultas que a semana previa, 64,5 consultas por 100.000 habitantes. 

Farmacias sentinela

A rede de farmacias sentinela, que nesta campaña están a remitir os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública, reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e de probas de antíxenos foron menores que a semana previa.

Ingresos hospitalarios

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana 12 do ano ingresaron 206 persoas con gripe confirmada, un 20 % menos que na semana anterior (258). A taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 7,6 por 100.000 habitantes. O único grupo de idade no que aumentou a taxa de ingresos foi o de 0 a 4 anos. Aínda así, son os maiores de 80 quen presentan a taxa de ingresos por gripe máis alta. 

No que vai de tempada, notificáronse 2.887 ingresos por gripe, a maioría deles, 2.478, con virus do tipo A.

Respecto da positividade das mostras estudadas para virus do tipo A, foi do 17,5 %, o que supón un lixeiro descenso respecto da semana anterior, que foi do 17,8 %. A positividade das mostras estudadas para virus do tipo B foi do 0,8 %, polo que a positividade dos virus da gripe foi do 18,3 %, inferior á da semana anterior (19 %).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS