miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas reforma as casas dos mestres para convertelas en recursos residenciais para...

Ponteareas reforma as casas dos mestres para convertelas en recursos residenciais para persoas sen fogar

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, coñeceu o proxecto de reforma de tres vivendas do concello de Ponteareas no que a Xunta inviste 216.000 euros para convertelas en recursos residencias para persoas sen fogar.

Na visita, na que tamén participou a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, o director xeral lembrou que este proxecto é un dos beneficiados na orde de achegas da Xunta de Galicia destinadas ás entidades locais, co obxectivo de habilitar vivendas para persoas sen fogar e potenciar a súa inserción social.

Plan de Recuperación da Unión Europea

Arturo Parrado lembrou que esta liña de axudas conta cun orzamento que ascende a preto de 6 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea e que ten como obxectivo rehabilitar case un cento de inmobles en toda Galicia. Neste sentido, fixo fincapé en que o importe máximo por proxecto son 72.000 euros, dos que 47.000 euros son para os traballos de reforma e 25.000 euros para o equipamento.

Nesta liña, o director xeral fixo fincapé en que no concello de Ponteareas son tres os proxectos que se están realizando ao abeiro desta convocatoria e que se corresponden con antigas vivendas de mestres que se adecuarán como recurso residencial para persoas sen fogar.

Calor-café e fogares

Segundo indicaron, das oito casa dos mestres, tres xa están habitadas por familias. Unha delas destinarase a un «calor-café», isto é, a un espazo no que as persoas sen fogar podan asearse ou pasar unha noite, entre outras cuestións. As restantes se rehabilitación para que persoas en situación de vulnerabilidade poidan contar cun fogar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS