lunes, marzo 31, 2025
InicioNewsA RaiaFeira da Foda: Gastronomía e música ao outro lado da raia

Feira da Foda: Gastronomía e música ao outro lado da raia

O municipio luso de Monçao acollerá durante esta fin de semana a Feira da Foda, unha festa gastronómica que ten como gran protagonista o típico prato portugués, a Foda, coñecido en España como cordeiro.

Os días 28, 29 e 30 de marzo a freguesía de Pías, en Monçao, poderase degustar este tradicional prato portugues «Foda à moda de Monçao» acompañado dunha ampla programación para todas as idades.

Durante os tres días da feira, haberá postos de venda de gastronomía portuguesa, exhibicións de ganado, xogos para os máis pequenos, catas de viño, charlas, obradoiros e, por suposto, degustación da «Foda à moda de Monçao». A programación completa da feira pode consultase na seguinte ligazón.

O prezo das racións dependerá da elección do usuario. A opción con cubertos e prato desbotable terá un custo de 22€ por ración e a opción con prato de barro e cubertos de metal, terá un custo de 28€ por ración.

Ademais, a organización ofrece servizo de autobús gratuíto que conecta a freguesía de Pías, onde ten lugar a feira, co centro urbano de Monçao. Os horarios poden consultarse na seguinte ligazón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS