miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadeA Asociación de Veciños San Mamede de Fontenla recibe unha subvención para...

A Asociación de Veciños San Mamede de Fontenla recibe unha subvención para melloras no seu local

A Asociación de Veciños de San Mamede de Fontenla recibe unha subvencion da Deputación de Pontevedra coa finalidade de realizar melloras no seu local social.

O colectivo recibiu un apoio de 10.000 euros no marco do Plan Provincia Comunitaria que foron destinados ao cambio de persianas, á colocación dunha baranda de acero inoxidable, á compra dunha estufa de pellets, mobiliario e aparellos electrónicos indispensables para a xestión da asociación asi como poder celebrar reunións e encontros veciñais.

Así, co fin de amosar os novos investimentos, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e o tenente de alcaldesa Juan Carlos González foron invitados a visitar as instalacións da asociación veciñal. Alí aseguraron que «dende o goberno local seguirán apoiando a estes colectivos e que chamarán a todas portas precisas para que poidan optar a subvencións que contribúan ao mantemento e progreso da vida no rural».

Pola súa banda, a Asociación de Veciños San Mamede de Fontela amousou «o seu agradecemento polos investimentos recibidos e estudará as actividades que pode solicitar dentro da listaxe ofrecida polo Concello».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS