En torno ás 13:00h deste martes 25 de marzo, un camión envorcou en Mondariz á altura da parroquia de Vilasobroso. Concretamente, o accidente tivo lugar no quilómetro 638 da N-120.
Por causas descoñecidas polo momento, o camión sufriu unha saída da vía, provocando a perda de control do vehículo. En canto ao conductor, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas por se fora precisa a súa intervención.
Ata o lugar desprazáronse, ademais dos Bombeiros de Ponteareas, os servizos de urxencias e a Garda Civil.
(noticia en ampliación)