O alcalde da Cañiza, Luís Piña, vén de asinar o protocolo de adhesión do Concello a este convenio co obxectivo de frear e actuar para atallar a problemática xerada polo avance da avespa asiática en Galicia, a través do Programa de Vixianza e Control fronte á Avespa Asiática.
O programa, que nace no ano 2014, ten por finalidade minimizar a incidencia da avespa asiática sobre as producións apícolas e sobre a seguridade cidadá. Así, neste senso, o programa inclúe actividades relacionadas coa detección precoz de niños mediante avisos a través do 012 e 112 así como o control e a eliminación de niños sempre que sexa posible.