O Balneario de Mondariz celebrou o Día Mundial da Auga cunha experiencia termal para bebés e as súas familias, poñendo en valor as propiedades das súas augas de manantial e mineromedicinais.
A iniciativa estaba enmarcada no programa que semanalmente se desenvolve no ‘Palacio del Agua’ coa cordinación da doutora Laura Gómez e os técnicos deportivos do balneario, Jonás Rodríguez, Juan Feijóo e Sebastián Reboreda.
Este método de acercamento dos máis pequenos ao medio da auga é o resultado de anos de experiencia e aplicación do coñecemento científico en relación coas tendencias actuais sobre estimulación temperá, desenvolvemento cognitivo e psicomotor do neno.