miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas inviste 800.000 euros na rehabilitación enerxética da residencia de maiores

Ponteareas inviste 800.000 euros na rehabilitación enerxética da residencia de maiores

O Concello de Ponteareas adxudica as obras de rehabilitación enerxética da residencia de maiores Santa Ana en 800.608,73€. Estas obras contarán cunha axuda do Programa de Impulso a la Rehabilitación de los Edificios Públicos (PIREP) do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. 

A residencia de maiores Santa Ana é un equipamento público destinado a uso asistencial construído no ano 1979. Na actualidade presta servizo a 32 persoas que residen e reciben coidados.

Con esta intervención que permitirá non só un aforro enerxético e un edificio máis eficiente tamén un lugar máis confortable o Concello da un paso máis na mellora do día a día das persoas maiores, unha das prioridades do goberno.

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fdez Táboas, informa que o proxecto contempa a mellora da accesibilidade no acceso principal á residencia pola rúa Santa Ana; a ampliación do número de aseos accesibles en planta baixa, xa que actualmente só existe un e é escaso para dar un servizo adecuado ao número de residentes e a mellora da envolvente térmica do edificio (fachadas, cuberta e carpintería exterior) para emendar as deficiencias existentes e mellorar a eficiencia enerxética do conxunto. Ademais tamén se substituirá a iluminación existente por unha máis eficiente co fin de reducir os custos en electricidade.

O goberno de Ponteareas, liderado pola alcaldesa Nava Castro, continúa no seu proxecto de mellora de infraestruturas públicas municipais coa modernización, reforma e reorganización de espazos e recursos para adaptalos ás necesidades actuais, contribuír á protección do medio ambiente e mellorar o día a día das veciñas e veciños.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS