jueves, abril 3, 2025
InicioNewsComarcasMondariz Balneario pide á RAG que inclúa a voz agüista / auguista...

Mondariz Balneario pide á RAG que inclúa a voz agüista / auguista no seu dicionario 

O alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, vén de entregar ao académico da Real Academia  Galega (RAG), Henrique Monteagudo, un documento solicitándolle a inclusión da voz  agüista / “auguista” no dicionario oficial. 

Segundo explican desde o Concello de Mondariz-Balneario, «no actual dicionario da RAG non figuran ningunha destas voces, que designan á persoa que acode a un establecemento de augas mineiro-medicinais para tomar as augas ou baños«. Con todo, «si aparece a voz bañista, conceptuada como aquela persoa que se baña no mar, nun río ou nun establecemento para baños».

O Concello de Mondariz-Balneario lembra que «a maioría das persoas que acudían a Mondariz para recibir un tratamento hidroterápico facíao para tomar as augas, isto é, para bebela ou inxerila, ao contrario do que acontece na actualidade, tan só unha minoría optaba por tomar baños de auga mineiro-medicinal».

Na RAE e no Pimberan 

Esta voz, agüista/auguista, si aparece no dicionario da Real Academia Española así como no luso Primberan, que a define como a «pessoa que faz uso das águas termais ou medicinais no local  onde elas nascem» ou no Estraviz, coa descrición de «pessoa  que vai tomar banhos a balneário».

Neste contexto, o Concello de Mondariz-Balneario indica que «toda vez que a Real Academia Galega admite como válidas as voces auga e agua, a voz que nos ocupa podería aceptar as variantes agüista e augista».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS