miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadeCondenan a unha muller por posuír un bolígrafo pistola apto para disparar

Condenan a unha muller por posuír un bolígrafo pistola apto para disparar

O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou, por conformidade das partes, a un ano de cárcere a unha muller por levar oculto no seu vehículo un bolígrafo pistola e cartuchos aptos para o disparo. A acusada, que admitiu os feitos, foi considerada autora dun delito de tenza ilícita de armas prohibidas. O xuíz relata na sentenza que, sobre as 15:15 horas do 20 de outubro de 2023, a sospeitosa circulaba no interior dun coche no que levaba oculta un arma de fogo de fabricación ilícita coa aparencia exterior dun bolígrafo convencional, así como tres cartuchos metálicos sen percutir, “sendo aptos para o seu uso co bolígrafo pistola referido”.

O maxistrado destaca no apartado de feitos probados da sentenza que “tanto o bolígrafo pistola como os cartuchos funcionaban correctamente e estaban aptos para o disparo”. No fallo, o titular do Xulgado do Penal número 3 da Coruña decretou a suspensión da pena dun ano de prisión imposta, condicionada a que se absteña de delinquir durante o prazo de dous anos. A sentenza é firme, pois contra ela non cabe a interposición de recurso

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS