As comarcas do sur de Pontevedra énchense de actividades e propostas de ocio para todas as idades. A continuación, toda a programación para esta fin de semana do 21 ao 23 de marzo:
Venres 21 de marzo
Ás 17:00h a Biblioteca Municipal de Arbo acollerá o contacontos teatralizado «Eu quero ser…»
A entrada é gratuíta e a actividade está enfocada a un público infantil maior de 3 anos.

Ponteareas estreará ás 20:00h a exposición «Cotidianos Singulares» de Héctor Rodríguez.
Dispoñible durante toda a fin de semana na Residencia Artistea.

A parroquia da Picoña en Salceda de Caselas acollerá a XV Festa Furancheira.
Os furanchos abrirán o venres a partir das 20:00h.

En Mondariz terá lugar a charla ‘Castelao, a forza dun mito‘ impartida por Henrique Monteagudo.
Ás 20:00h na Biblioteca de Mondariz.

Sábado 22 de marzo
A humorista Leti da Taberna actuará en Ponteareas co seu monólogo «Enredada».
A función dará comezo ás 20:30h no Auditorio Reveriano Soutullo. A entrada é de balde.

A Asociación de Teatro Draminho comezará a súa sesión de ‘Noites de Teatro‘ na casa da Cultura de Salvaterra de Miño.
A función dará comezo ás 22:00h, e o espectador será o encargado de por prezo á actuación ao remate da mesma.

Tomiño acollerá un encontro de bandas de música no Auditorio de Goián entre a Agrupación Musical de Goián e a Banda de Música de Salvaterra de Miño.
O evento dará comezo ás 19:00h.

Tui acollerá o mercado ‘Elas Facedoras’ con unha ampla programación ademais de postos de artesanía, xoiaría entre outros.

Mondariz Balneario celebra o día da auga e da poesía cunha programación especial para todos os públicos.

Domingo 23 de marzo
A Asociación Mulleres Rurais Caselas organiza unha ‘andaina con historia en Salceda‘.
A saída será da Devesa ás 10:00h.

O domingo continuará a programación do mercado ‘Elas Facedoras‘ en Tui enmarcada na programación do 8M.

Covelo ofrece visitas gratuítas ao serradoiro e aula de interpretación de Carranos.
É preciso inscripción previa.
