Salceda de Caselas acometerá as obras para a construcción do saneamento na parroquia de Entenza tras a confirmación das dúas subvencións concedidas pola institución provincial.
Así o vén de anunciar o deputado provincial, Alejandro Lorenzo, nunha visita ao municipio na que informou dos investimentos que a Deputación de Pontevedra realizará en Salceda de Caselas. Así, aos 700.000 euros xa adxudicados a través do Plan Extra para este cometido, súmanse outros 175.000 euros con cargo ao Plan + Provincia.
«O saneamento é unha labor importantísima, unha das demandas que mais teñen os concellos agora mesmo» aseguraba Lorenzo, deputado provincial. «Ten que ser unha prioridade, e así o demostran o Concello de Salceda e a Deputación de Pontevedra».
Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira celebra que «máis de 100 vivendas serán saneadas por fin gracias a esta aportación da Deputación de Pontevedra, pechando así unha débeda histórica con Entenza».
Ao mesmo tempo, a rexedora local asegura que seguirán loitando por sanear todas as parroquias e informa que «xa está en marcha o saneamento do Cerquido e estamos a pelexar polo de Soutelo«.