miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsComarcasO catedrático Henrique Monteagudo imparte un relatorio en Mondariz sobre a figura...

O catedrático Henrique Monteagudo imparte un relatorio en Mondariz sobre a figura de Castelao

O filólogo, ensaísta e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Henrique Monteagudo, impartirá unha conferencia sobre a figura de Alfonso Rodríguez Castelao na biblioteca municipal de Mondariz. Desde a organización -a asociación Búrbida e a Cátedra da USC co apoio do Concello- indican que «no seu relatorio, realizará un percorrido pola traxectoria vital de Castelao e presentará unha síntese das principais liñas do seu pensamento».

Será o venres 21 de marzo a partir das 20:00 horas na biblioteca Municipal cando teña lugar esta actividade que se enmarca nas actividades que este ano 2025 se celebran arredor do Ano Castelao, falecido no exilio en Bos Aires no 1950. O obxectivo é «divulgar o coñecemento dunha figura trascendental para a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma galego».

Ademais, o catedrático da USC tamén abordará a relación que o político, escritor e artista tivo en Mondariz, «pintando cadros para o Balneario ou ilustrando portadas de libros do seu empregado máis ilustre, o poeta Ramón Cabanillas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS