A iniciativa, enmarcada no proxecto Iberarenum e impulsada polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM UVigo), busca comprender deste xeito mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático gracias á participación cidadá.
O alumnado de 3º da ESO do colexio Cova Terreña foi o encargado de participar na recollida de mostras realizada nos céntricos areais de A Concheira e A Ribeira durante a presentación do proxecto en Baiona.
A xornada deu o pistoletazo de saída oficial a unha iniciativa colaborativa que permitirá recompilar area de diferentes puntos da xeografía española e portuguesa, creando así o primeiro banco de area de praia de toda a Península Ibérica.
A iniciativa «busca achegar á sociedade o coñecemento científico e a importancia da sedimentoloxía mariña nun contexto de cambio climático», explicaba o director do CIM, Daniel Rey. Así, «buscamos fomentar a participación cidadá na investigación e espertar as vocacións entre a mocidade, inspirirar e crear conciencia» salientaba.
Pola súa parte, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña mostrou o seu orgullo a que o CIM escollera Baiona para presentar este proxecto e exaltou a implicación do CPI Cova Terreña nesta iniciativa. O rexedor local destacou a importancia desta iniciativa «que camiña da man co compromiso do noso Concello co medio ambiente, co mar e coa educación».