miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadeA Deputación reformará os vestiarios do Pavillón Municipal da Macoca en Tui

A Deputación reformará os vestiarios do Pavillón Municipal da Macoca en Tui

Tui recibirá unha aportación de 184.000 euros da Deputación de Pontevedra para a reforma dos vestiarios e outras actuacións complementarias no Pavillón Municipal de Deportes da Macoca.

Así o vén de anunciar o deputado provincial Roberto Carrero durante unha visita ás instalacións deportivas. A financiación realízase a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de oito millóns de euros cos que a institución provincial está «a transformar e modernizar os equipamentos deportivos da provincia».

O deputado provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, cuxa actuación principal é a reforma integral dos vestiarios e dos aseos. Redistribuirnse para que a zona sexa máis ordeada e funcional, con tres espazos claramente diferenciados: unha zona de acceso e aseo, outra de vestiario e taquillas, e outra de duchas. No caso concreto do vestiario da arbitraxe realizaranse axustes e unha redistribución, mentres que tamén se habilitará un aseo xeral que fará ás veces de vestiario accesible.

Tamén se substituirá a rede de evacuación de augas e se acometerá unha nova instalación de fontanería, e crearanse dous espazos de almacenaxe aproveitando os saltos de altura baixo as gradas.

No canto das actuacións complementarias, substituirase a totalidade da rede de saneamento así como a de recollida de augas pluviais na cuberta das instalacións. Tamén se substituirá a iluminación xeral da pista para dotala de luminarias LED de baixo consumo e maior eficiencia enerxética e subministraranse novo equipamento deportivo, proteccións e control de accesos.

“O municipalismo e o deporte son dúas das nosas prioridades, e esta actuación é unha boa mostra diso”, asegurou Roberto Carrero, que lembrou que “desde a Deputación estamos facendo un grande esforzo económico xa que a dotación e o mantemento das instalacións deportivas son moi custosos, e por iso tivemos a sensibilidade de idear este Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS