A Comisión de Festas de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño, volve a realizar un sorteo erótico o vindeiro venres 4 de abril. Os premios deste peculiar bingo serán, en lugar da tradicional folla de bacallau, xoguetes eróticos ou estancias en hoteis.
A cita terá lugar no Centro Cultural da Carballeira a partir das 23:00h e durante a noite haberá un total de seis bingos, e cada un deles contará con dúas liñas.
Os premios dos bingos, segundo informa a comisión, serán entradas para un balneario, entradas para un partido do RC Celta, cenas gourmet, noites de hotel e vales para almorzos e os premios das 12 liñas xogadas serán na súa totalidade, xoguetes eróticos.
Ademais, dende a organización recordan que a entrada está prohibida a persoas menores de 18 anos. O evento volverá a repetirse os venres 2 de maio e 6 de xuño.
