miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadeTrece vivendas contarán con saneamento no barrio da Presa en Salceda de...

Trece vivendas contarán con saneamento no barrio da Presa en Salceda de Caselas

Salceda de Caselas avanza nas obras para dotar do servizo de saneamento ao barrio da Presa na parroquia de Parderrubias. Así o constataron a alcaldesa, Loli Castiñeira, o concelleiro de Axenda Ecolóxica, Marcos Troncoso e as representantes da Asociación Veciñal de Parderrubias, María Rodríguez e Rosario Lorenzo, na súa visita ás obras para comprar a evolución das mesmas.

A execución abarca un tramo de 544,10 metros de lonxitude que permitirá dar servizo a un total de 13 vivendas, poñendo fin a un problema ambiental existente na zona, na que se tiñan producido filtracións de augas fecais.

Este tramo era, segundo asegura o goberno local, «o máis urxente da zona» e informan que o «resto de tramos pendentes serán completados segundo as posibilidades de cada momento».

Nunha xuntaza cos veciños, o equipo de goberno xunto aos redactores do proxecto e a empresa adxudicataria explicaron o alcance desta fase así como a folla de ruta a seguir para o saneamento completo do barrio da Presa.

«A complexidade técnica da zona fai que se precise dun estudio de alternativas previo para analizar a viabilidade das diferentes opcións» aseguraron. E engadiron que «o Concello xa está a traballar neste estudio».

O proxecto para a obra foi encargado e financiado polo Consorcio de Augas do Louro, e agora é o Concello de Salceda quen o executa contando cunha subvención de 132.067,76€ do Plan +Provincia 2024.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, asegura que «esta é a lexislatura do saneamento» e manifesta que «estamos de cheo na segunda transformación de Salceda, e nesa transormación o saneamento ten que ser a nosa premisa fundamental para o rural para cumplir cos nosos compromisos coa veciñanza».

Pola súa banda, o concelleiro de Axenda Ecolóxica, Marcos Troncoso explica que «o traballo coa asociación veciñal de Parderrubias leva sido moi produtivo na procura dunha solución para o saneamento no barrio da Presa. Nestes preto de dous anos de lexislatura levamos traballado arreo en conseguir facer realidade diferentes proxectos de saneamento, no que consideramos un servizo básico para a nosa veciñanza e para conseguir a fixación de poboación nas parroquias«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS