miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsActualidadePostos de artesanía, enoloxía e gastronomía na XXIX ArboMostra de Arbo

Postos de artesanía, enoloxía e gastronomía na XXIX ArboMostra de Arbo

Arbo prepárase para unha nova edición de ArboMostra, que este ano cumple a súa XXIX edición. A Feira celébrase no marco da Festa da Lamprea de Arbo que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril deste 2025.

ArboMostra aúna stands de artesanía, produtos da comarca, degustación de lamprea e viños das bodegas de Arbo con D.O Rías Baixas con actividades de ocio para maiores e pequenos, que desfrutan dunha ampla e variada programación cultural.

Así, esta feira «naceu co fin de promocionar e ensalzar os produtos gastronómicos e vitivinícolas do municipio» informa Horacio Gil, alcalde de Arbo. Ao mesmo tempo que asegura que «a razón principal da realización da festa é recoñecer o traballo de pescadores e cociñeiros a favor da lamprea e impulsar as excelencias gastronómicas deste peixe xunto a outras excelencias da nosa terra, como é o viño».

O pistoletazo de saída da LXV Festa da Lamprea terá lugar o venres 25 de abril coa inauguración oficial de Arbomostra. A continuación, a programación da feira:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS