miércoles, abril 2, 2025
InicioNewsConcellos +Ponteareas oferta cursos para desenvolver nas casas e centros culturais

Ponteareas oferta cursos para desenvolver nas casas e centros culturais

“Dar recursos e apoios ás casas e centros culturais das nosas 24 parroquias é fundamental por este motivo lanzamos esta liña de cursos específicos didácticos e entretidos para aqueles centros que estean incluídos na Rede de Casas Culturais do Concello”, adianta o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos Gónzalez.

O prazo de solicitude comezará mañá día 20 de marzo e quedará aberto ata o 31 de outubro para facilitar que as casas e centros poidan organizar con tempo os cursos a solicitar. O prazo de presentación será cun mínimo dun mes de antelación á data de comezo dos cursos.

As accións formativas terán unha duración de 15 horas e incluirán de xeito transversal nos seus contidos o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres e serán impartidos en lingua galega. Trátase de actividades onde se traballará a destreza manual e se manterá a mente activa.

Que cursos se ofertan?

Para un bo aproveitamento dos recursos públicos será necesario reunir un mínimo de 10 participantes para cada curso. “O obxectivo é impulsar e fomentar as actividades que ao longo do ano se desenvolven nos centros culturais ao ser importantes dinamizadores e motores para a cohesión social”. Engade tamén González Carrera que, entre as intencións, está a de achegar servizos ao rural e evitar desprazamentos.

Entre os cursos que poderán solicitar as casas e centros culturais dentro desta liña de apoio están o curso de iniciación á arte floral, a aprendizaxe da técnica do ganchillo tanto para as persoas que parten dende cero como para avanzadas, actividades de memoria para a estimulación cognitiva, o de cestaría usando materiais comúns vexetais e o de aceites vexetais, candeas e xabóns naturais con materia prima sinxela de atopar na contorna.

Explica o concelleiro que os cursos promoven tamén o coñecemento e aproveitamento de materiais cotidiás e tradicionais para unha xestión dos recursos máis sostible e unha promoción de hábitos de vida saudables.

Para máis información deberán contactar co departamento de Cultura no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal ou no número de teléfono 986 661 674. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS