Diversión e natureza nunha mesma actividade. Así será o evento que prepara o Concello de Covelo para o vindeiro sábado 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa.
A entidade local vén de presentar unha xornada onde aseguran que as persoas poderán vivir unha «experiencia divertida e dinámica» ao mesmo que tempo que «descubren a contorna natural de Covelo, como as súas paisaxes, bosques, ríos e montañas».
A actividade consiste nunha proba de orientación ‘Covelo Aventura’ que se realizará por equipos de entre 2 e 6 persoas e nun tempo aproximado de 3 horas. Os equipos comezarán todos á mesma vez, e serán eles os encargados de elixir a orde de búsqueda.
Coa única axuda dun mapa, os integrantes deben localizar unha serie de puntos de control que estarán distribuídos polo terreo de xogo e nos que nalgunha ocasión, deberán superar retos de destreza, cultura xeral ou intelixencia emocional. Así, o obxectivo final será acumular o maior número de puntos posibles para alzarse coa victoria.
A proba dará comezo ás 11:00h na Carballeira Campo da Feira e rematará en torno ás 14:00h. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do email info@territorio-comanche.com indicando nome do equipo, nome, apelidos e idade dos integrantes e teléfono de contacto.
