Tras a reunión celebrada en Madrid, o Concello de Vigo explica, a través de un comunicado, que o alcalde Abel Caballero trasladou «a boa acollida que tivo a proposta municipal concreta para reducir os tempos de viaxe na ruta entre Vigo e Madrid en alta velocidade». Neste contexto, a administración que lidera o socialista indica que o «presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, amosouse moi receptivo ás suxestións da cidade ao concordar en que o novo material rodante co que se está traballando permitirá acortar os tempos de viaxe”.
No encontro, «o alcalde e o presidente de Renfe fixeron un planteamento detallado dos tempo de viaxe, rutas e paradas dos catro trens directos que circulan nestes momentos entre Vigo e Madrid, considerando que o actual percorrido» e que “está moi alongado por un excesivo número de paradas en Castela e León» que, segundo Caballero, “xa ten neste momento unha cobertura de trens moi importante procedentes do norte e de Galicia, polo que propuxemos suprimir algunha desas paradas”, o que permitiría reducir o tempo da viaxe.
Intercambio fructífero
O alcalde, Abel Caballero, calificou o encontro como «un intercambio frutífero, sobre un tema que é a grande prioridade da cidade: a ruta Vigo-Madrid en alta velocidade no mínimo tempo posible”, e quedou acordada unha nova reunión, no prazo dun mes, para estudar novos tempos de viaxe nesta ruta».
Abel Caballero lembrou que o Ministerio de Transportes está avanzando no proxecto, xa que o prego de licitación da redacción do estudio informativo complementario da conexión entre Vigo e Madrid por Cerdedo está xa en mans da Avogacía do Estado e, unha vez informado, pasará á Intervención Xeral do Estado.