miércoles, marzo 19, 2025
InicioNewsActualidadeTodo preparado para a XXXII Feira do Requeixo e o Mel das...

Todo preparado para a XXXII Feira do Requeixo e o Mel das Neves

O Concello de As Neves vén de inaugurar a reforma do Mercado Municipal con motivo da presentación da XXXII Feira do Requeixo e Mel de As Neves, que terá lugar os días 18 e 19 de abril no municipio.

Ali, o rexedor local, José Manuel Alfonso, eloxiou o novo proxecto que se está a levar a cabo en relación ao comercio local a través da plataforma nevesfeira.gal, unha páxina que aúna toda a oferta comercial de servizos e recursos turísticos das Neves.

A web nace co fin de ser «a revolución dixital do comercio local do Concello das Neves» aseguran dende a administración local. Así, tratarase dun espazo de comercialización dixital e físico que permitirá a comerciantes, produtores, artesáns e artistas da comarca poñer en valor o seu produto.

No marco da presentación da XXXII Feira do Requeixo e Mel o alcalde quixo destacar a importancia de «consumir e valorar o produto de proximidade como é o requeixo das neves» e recordou que se está a traballar na «creación da Eurocidade do Miño» como fin turístico.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Agustín Reguera, agradeceu a invitación e asegurou que a Feira do Requeixo e Mel «é moito máis que unha feira dun postre», reprendeu o delegado, «a Feira do Requeixo e Mel é historia, tradición, gastronomía e cariño» asegurou.

Por último, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, quixo convidar «a todo o mundo a que se achegue o vindeiro mes de abril ata As Neves porque xa se sabe que quen proba as Rías Baixas, sempre repite«, afirmou o mandatario provincial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS