A Garda Civil de Marín incauta a un home con 45 quilos de pulpo e máis de 8 quilos de centolla ovada. O varón, veciño de Marín de 38 anos de idade, foi parado nun control rutinario da benemérita mentres circulaba co seu vehículo nun punto de verificación da PO-551, á altura de Bueu. A Garda Civil, tras notar mostras de nerviosismo no home, procede á súa identificación e ao rexistro do vehículo.
Tras o rexistro, localizan no maleteiro do coche localizan dous capazos de pesca con 45 quilos de pulpo e 8,60 quilos de centolla ovada. O titular do vehículo carecía de calquera documentación que amparase a referida mercancía así como documentación que indicara a súa procedencia.
Por este motivo, informouse ao varón que será proposto para sanción por unha infracción á lexislación sobre pesca e realízase unha acta de aprehensión. Ata o lugar desprazáronse Garda Costas de Galicia que realizaron as tarefas de pesaxe e a posterior sembra das centollas ovadas no mar. Do mesmo xeito, os 45 quilos de pulpo, son entregados no comedor social da localidade de Marín.