miércoles, marzo 19, 2025
InicioNewsActualidadeGalicia Suroeste proxecta a iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais en...

Galicia Suroeste proxecta a iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais en Mos

Galicia Suroeste mantense á espera das autorizacións solicitadas polo Concello de Mos, para poder acometer as obras de iluminación eficiente e artística de elementos patrimoniais do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Mos.

O concello e a entidade unen esforzos e traballo para que este proxecto «estea máis cerca de ser unha realidade» e dende a entidade aseguran que «a previsión é que a execución se leve a cabo este mesmo ano«.

O proxecto redactado recolle a intervención en dous ámbitos para mellorar a eficiencia enerxética na iluminación existente e iluminar artísticamente o patrimonio material de Mos.

Así, con este proxecto intervirase na contorna da capela e o cruceiro das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, e na senda entre a capela de Santiaguiño e o Miliario de Santiaguiño de Antas entre as parroquias de Louredo e Guizán.

O patrimonio material seleccionado para a intervención localízase no propio Camiño de Santiago coincidindo a a contorna da capela das Angustias coa entrada e o entorno do Miliario de Santiaguiño de Antes coa saída.

Así, a intervención neste ámbito suporá un embelecemento do patrimonio do concello ao mesmo tempo que permitirá un aforro enerxético de máis do 55% sobre o consumo enerxético actual.

Este proxecto é unha das actuacións de mellora da eficiencia enerxética do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos da Unión Europea – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS