miércoles, marzo 19, 2025
InicioNewsActualidadeA Xunta prohibe desde este mércores as queimas agrícolas e forestais de...

A Xunta prohibe desde este mércores as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir de mañá, mércores 19 de marzo, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do mércores. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. 

Segundo explican desde Medio Rural, a través dun comunicado de prensa, a decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que «extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este xoves e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares». Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS