lunes, marzo 17, 2025
InicioNewsActualidadeUn detido e unha investigada en Tui por tentativa de homicidio e...

Un detido e unha investigada en Tui por tentativa de homicidio e omisión de auxilio

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui detén a unha persoa como presunto autor dun delito de hominicio no grao de tentativa con resultado de lesións graves, omisión do deber de socorro e ameazas con arma blanca. Tamén investiga a outra por presunto delito de omisión de auxilio.

Os feitos producíronse o pasado 14 de marzo cando o detido e a investigada se atopaban no interior do seu vehículo no aparcamento de terra no cementerio da parroquia tudense de Randufe.

Ata o lugar achegouse un veciño recriminándolle que o can dos acusados, atacara ás súas ovellas, e «que non sera a primeira vez que isto ocorría», segundo detallan fontes cercanas ao caso.

Nese mesmo momento, o detido baixou do vehículo cunha navalla de grandes dimensións e intimidou ao veciño. A familia do agredido, que se atopaba nese momento alí, alertou ao 062.

Tras o acto, o detido subiu ao seu coche e arremeteu contra os presentes, atropelando á nai do home, veciña de 58 anos, que resultou gravemente ferida. O detido e a investiada, déronse á fuga nese preciso momento.

A vítima foi trasladada en ambulancia medicalizada e atópase na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Tras a declaración dos testigos e a inspección ocular do vehículo, unha vez localizado, confirmouse a identidade do detido, veciño de Caldelas de Tui de 37 anos, con antecedentes policiais. A investigada é veciña de Tui de 24 anos de idade.

O detido foi presentado xunto ás dilixencias no Xulgado de Garda de Tui, que decretou a súa liberdade con cargos e medidas cautelares, orde de afastamento das vítimas, prohibición de abandoar o país e presentarse cada semana ante o Xulgado.




مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS