martes, marzo 18, 2025
InicioNewsActualidadeSalceda de Caselas contará con tres variedades propias de camelia

Salceda de Caselas contará con tres variedades propias de camelia

Salceda de Caselas acolleu durante a fin de semana a XVI Xornada da Camelia, na que se exhibiron máis de medio millar de variedades desta flor. A mostra contou con 67 expositores que ofreceron tamén produtos derivados da planta e os seus pétalos.

Durante o acto de inauguración, o goberno local deu a coñecer o rexistro de tres variedades únicas da camelia. Desta forma, será o Concello quen inicie os trámites para rexistrar a variedade «Caselas«, a variedade «Salceda» e unha terceira que leva o nome de «Antonio Ribera» en homenaxe a un dos impulsores das xornadas.

O edil de Medio Ambiente, Marcos Troncoso, presentou así os trámites iniciados e asegurou que estes permitirán contar coas variedades propias debidamente inscritas nun prazo de seis meses. Neste proceso colabora especialmente o Centro Fitopatolóxico do Areeiro, que depende da Deputación de Pontevedra.

A mostra ocupaba unha superficie de 130 metros cadrados con expositores de Portugal e Galicia, sendo aproximadamente vinte deles de Salceda de Caselas. A alcaldesa, Loli Castiñeira, quixo destacar durante a súa intervención a presenza de tantos expositores locais e a consolidación das xornadas tras 16 anos de realización.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS