O grupo municipal do PP de Vigo avanzou este luns que interpelará ao goberno local nas próximas comisións informativas sobre a intención do alcalde, o socialista Aberl Caballero, sobre a construción dun skatepark cuberto en Navia. Trátase «dunha actuación que se deu a coñecer hai agora tres anos, en precampaña, e da que nada se sabe desde que en febreiro de 2023 se licitou a redacción do proxecto».
Neste contexto, o voceiro do Partido Popular no Concello de Vigo, Miguel Martín, preguntouse se «segue en pé a pretensión de dotar ao barrio vigués destas instalacións ou se só estamos ante outro anuncio fantasma de Caballero». Martín indicou que «un alcalde que non perdeu a ocasión de facer a foto nos terreos que acollerían dito skatepark, entre as rúas ufas e Poza do Caballero, cando só quedaban tres meses antes das últimas eleccións municipais».
“Ata chegou a dicir que serviría de preparación para os Xogos Olímpicos de París. E, pasado este tempo, preguntámonos que foi de todo aquilo. Porque nada se sabe. Non hai orzamento para esa obra. Nin se inclúe nas contas anuais. ¿Era todo fume? ¿Unha pirueta electoralista? Ten toda a pinta, porque a actuación segue sendo unha fotografía que non pasou do papel”, sinalou o concelleiro vigués.