martes, marzo 18, 2025
InicioNewsActualidadeA Deputación da Coruña reclamará a Audasa 1,3 millóns polo IBI da...

A Deputación da Coruña reclamará a Audasa 1,3 millóns polo IBI da AP-9 no último trimestre de 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniu esta mañá no Pazo de Mariñán aos alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia polos que discorre a AP-9. Na reunión participou tamén o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, e os responsables dos servizos de Tesorería e Asesoría Xurídica da institución provincial.

Durante o encontro, o presidente provincial confirmou aos representantes dos gobernos municipais que a Deputación da Coruña atenderá a demanda dos municipios de reclamar a Audasa os atrasos no IBI correspondentes aos meses que van do 19 de agosto de 2023 (cando rematou o fin da bonificación do 95% da que gozou Audasa durante décadas) ata o 31 decembro de 2023, unhas cantidades que suman un total de 1,3 millóns de euros nos 18 concellos que teñen delegado o cobro do IBI na Deputación, que son todos agás as cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, tal e como explican desde o ente provincial.

Esta reclamación chega despois de que a Deputación liquidara a Audasa o 100% do IBI de 2024, o que supuxo para os 18 concellos da AP-9 que teñen delegada a xestión do IBI na Deputación pasar dunha recadación de apenas 189.000 euros a preto de 3,8 millóns de euros anuais.

A decisión de liquidar o 100% do IBI de 2024 tomouse de oficio- «sen coste ningún para os concellos nin para a cidadanía», recordou Formoso- por parte dos servizos tributarios da Deputación en virtude do Real Decreto 173/2000, que na súa cláusula vixésima establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95% de bonificación do que gozou Audasa durante décadas grazas a unha Lei de 1972.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS