martes, marzo 18, 2025
InicioNewsComarcasA Biblioteca Municipal de Salvaterra abrirá as fins de semana ata a...

A Biblioteca Municipal de Salvaterra abrirá as fins de semana ata a medianoite e con acceso automático

Os veciños e as veciñas de Salvaterra de Miño que desexen empregar as instalacións da Biblioteca Municipal para estudar durante a fin de semana xa poden facelo en horario de 08:00 horas ata as 00:00 horas e de luns a xoves ata as 22:00 horas. Así o vén de anunciar o Concello despois de inaugurar «un novo sistema de acceso autónomo a través de tarxeta o cal permite ás persoas usuarias facer uso das instalacións nun horario ampliado», tal e como indican desde a administración local.

A través deste sistema, aquelas persoas que precisan estudar ou facer uso do espazo «xa o fan accedendo ao mesmo coa súa tarxeta«. Segundo as contas do Concello, «preto de 50 persoas xa recolleron a tarxeta de acceso á Biblioteca Municipal e poden estudar nun horario de luns a xoves de 08:00 horas a 22:00 horas e de venres a domingo de 08:00 horas a 00:00 horas».

Como se solicita a tarxeta de acceso automático?

Aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS