viernes, marzo 14, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas dixitalizará e modernizará o Conservatorio Municipal Reveriano Soutullo

Ponteareas dixitalizará e modernizará o Conservatorio Municipal Reveriano Soutullo

O conservatorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas afrontará o primeiro proceso de modernización e dixitalización dende a súa creación no ano 1983. O concelleiro de Ensino, Ricardo González, e a alcaldesa, Nava Castro acompañados da dirección do conservatorio presentaron ás familias o proxecto que contempla a implantacion de recursos electrónicos educativos pero tamén de xestión do centro.

O obxectivo é ofrecer un ensino de calidade e rematar coa obsolescencia das actuais ferramentas así como un mellor aproveitamento das instalacións que contan con 220 alumnas/os.

“Queremos que o noso alumnado se sinta orgulloso do seu centro, que saian cunha formación actualizada, que o profesorado conte coa tecnoloxía axeitada que facilite e mellore o seu traballo e que as infraestruturas e os espazos dean resposta ás necesidades actuais”, explicaba a alcaldesa, Nava Castro.

O proxecto que supón un investimento total de 130.028,00 €, desenvolverase en dúas fases. Ricardo González salientou que esta importante reforma permitirá «contar cun software de control e xestión específico para este tipo de centros, hardware de paneis interactivos para 24 salas (11 aulas + 13 cabinas de estudo), pedais bluetooth e trípode para soporte tablet, sistema de videoconferencia para sala polivalente e sistema de control de accesos».

Alcaldesa e concelleiro adiantaron tamén as obras de reorganización de espazos que se executarán para adaptar as aulas á normativa vixente e dar uso a espazos infrautilizados. “A diario podemos comprobar que hai moito talento e vemos como músicos formados en Ponteareas conseguen prazas en orquestras e conservatorios de todo o mundo por iso queremos premiar ese esforzo e éxito con melloras educativas”, afirmou Ricardo González.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS