viernes, marzo 14, 2025
InicioNewsActualidadeActividades e plans de ocio para desfrutar desta fin de semana nas...

Actividades e plans de ocio para desfrutar desta fin de semana nas comarcas

Últimas xornadas do entroido e outros moitos plans para desfrutar desta fin de semana soleada nas comarcas do Condado, Paradanta, Val Miñor, Baixo Miño e Louriña.

Venres 14 de marzo

Os comercios do Porriño participarán durante o venres e o sábado na XXXI Feira de Oportunidades ‘Merca na rúa’ con grandes descontos

Tamén haberá inchables e obradoiros para os pequenos e pequenas.

Nigrán acolle o Desfile de Comparsas polo centro da vila a partir das 20:30h no centro da vila.

O domingo terá lugar o tradicional enterro do kiko.

Sábado 15 de marzo

Salvaterra de Miño celebrará o seu entroido co Enterro da Lamprea.

A partir das 16:30h as comparsas desfilarán polas rúas do centro da vila.

A XVI Xornadas da Camelia chega a Salceda de Caselas durante a fin de semana.

Sábado a partir das 17:00h e domingo durante todo o día.

O Rosal acollerá o Concerto de Primavera da Agrupación Musical do Rosal Amdor.

O evento dará comezo ás 19:30h no Auditorio Municipal.

As rúas de Tomiño serán o escenario perfecto para representar a obra «Todo o que pode pasar de aquí a Vilanova».

A obra dará comezo ás 11:00h e posteriormente haberá un debate e aperitivo.

Domingo 16 de marzo

A Asociación Cultural Leitarello celebra o Entroido en Leirado.

Un total de 14 comparsas desfilarán pola parroquia salvaterrense.

Paseo Literario en Tui con motivo do centenario de Manuel Lago González.

Partirá ás 11:30h da Oficina Municipal de Turismo.

A Food Truck de Galicia Sabe a Mar estará na Praza Mestre Cerviño do Concello de Covelo.

Estará presente entre as 12:00h e as 15:00h e das 17:00h a 19:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS