jueves, marzo 13, 2025
InicioNewsActualidadePontevedra, candidata a acoller o Congreso Internacional da Camelia en 2031

Pontevedra, candidata a acoller o Congreso Internacional da Camelia en 2031

España e Portugal presentan unha candidatura conxunta para organizar o Congreso Internacional da Camelia no ano 2031 na provincia de Pontevedra e na cidade portuguesa de Lousada.

A decisión, adoptada tras un encontro de traballo entre o mandatario provincial, Luís López, e o presidente da cámara de Lousada, Pedro Manchado, serviu tamén para comezar a deseñar o proxecto para a organización dun foro internacional ibérico sobre a camelia o vindeiro ano 2026.

Estas iniciativas nacen no marco dos actos de celebración do Congreso Internacional da Camelia que está tendo lugar en Tokio e no que participa unha delegación do ente provincial liderada polo presidente Luís López, xunto co deputado encargado de Finca Areeiro, Javier Tourís.

O evento ten unha periocidade bianual e este ano foi celebrado na capital nipona. No 2027 terá lugar nos estados de Alabana e Lousiana, en Estados Unidos e China será o país anfitrión no ano 2029.

Trátase dun congreso no que se dan cita durante máis dunha semana representantes de países e organizacións de todo o mundo para poñer en común, a través de conferencias, mesas redondas, encontros e visitas a xardíns de excelencia, os últimos avances no cultivo e nas investigacións sobre esta árbore.

Así, a longa tradición arredor da camelia que atesouran as Rías Baixas e a rexión norte de Portugal «son a mellor carta de presentación para facerse coa organización deste congreso dentro de seis anos» aseguran dende a institución provincial.

Por outro lado, a actividade institucional da Deputación neste Congreso Internacional da Camelia en Xapón continuará ata este venres. Unha semana na que, ademais de coñecer xardíns e laboratorios especializados nesta árbore, a delegación pontevedresa deu a coñecer os resultados dos seus proxectos de investigación centrados tanto nunha nova variedade de té como nun tratamento para buscar solucións ao fungo Ciborinia camelliae, que está a causar perdas en plantacións de todo o mundo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS