jueves, marzo 13, 2025
InicioNewsActualidadeOs populares de Tomiño culpan ao BNG da falta de vivenda no...

Os populares de Tomiño culpan ao BNG da falta de vivenda no municipio

O grupo municipal do Partido Popular de Tomiño vén de denunciar «a falta total e absoluta de vivenda no municipio» asegurando que a situación vén marcada «pola política urbánistica restrictiva e afogante desenvolvida polo goberno local nos últimos 18 anos».

Os populares aseguran que «os nacionalistas impediron que o centro da vila e o resto do Concello creceran acordo ás necesidades dos veciños e veciñas do municipio«. Así, aseguran que o BNG «primou exclusivamente un modelo urbano fronte á posibilidade da xente de establecer o seu proxecto de vida en Tomiño, cunhas políticas urbanísticas que nos levaron a esta situación na que os tomiñenses que se queren independizar teñen que marchar a outros concellos e a xente que quere vivir no noso término municipal non pode facelo».

«A política urbanística implantada polo BNG desmotivou ao sector privado na construcción de vivendas, que nos últimos anos creceu a un ritmo moi inferior ao de outros Concellos da contorna como Porriño, Salvaterra ou Salceda» asegura a portavoz popular, Mónica Otero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS